Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello da Coruña a través do Servizo de Medio Ambiente pon en marcha o programa "Composteiros domésticos Coruña 2026" dirixido a persoas, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes nos que compostar e transformar os residuos orgánicos xerados nun fertilizante para plantas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 10/09/2026
Duración:
Os composteiros entréganse para ser utilizados un mínimo de 5 anos.
Requisitos:
Persoas físicas
- Ser maior de idade.
- Estar empadroadas no Concello da Coruña.
- Dispoñer dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación e uso dun composteiro doméstico e para a empregar o compost obtido.
- Comprometerse, mediante declaración responsable, a facer un uso correcto do composteiro e a participar nas actuacións de seguimento e asesoramento que poida realizar o concello.
- No suposto de ser adxudicatarios/as na última convocatoria realizada por este concello dun horto urbano no que se pretende instalar o composteiro, as persoas solicitantes deberán indicalo expresamente. Así mesmo, deberán indicar se dispoñen ou non dun espazo adecuado para o emprego do composteiro unha vez finalizado o prazo de catro (4) anos da concesión do horto.
Centros de ensino e asociacións sen ánimo de lucro
- Dispoñer dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación e uso dun composteiro doméstico e para a empregar o compost obtido.
- Comprometerse, mediante declaración responsable, a facer un uso correcto do composteiro e a participar nas actuacións de seguimento e asesoramento que poida realizar o concello.
Adxudicación de 80 composteiros domésticos de 300 litros con aireador e termómetro entre a veciñanza do Concello da Coruña, co fin de promover a separación en orixe dos biorresiduos xerados nos fogares e fomentar prácticas sostibles de xestión dos residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica, durante un período mínimo de 5 anos dende a entrega.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible