Co fin de contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral europeo, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión do contorno económico e social de Europa, ao tempo que adquiren experiencia laboral, A Universidade da Coruña publica a Convocatoria de bolsas de mobilidade internacional de estudantes para prácticas en empresas para o curso 2025/26.
Esta convocatoria está destinada ao estudantado de grao, máster e doutoramento da Universidade da Coruña (UDC), para que poidan realizar prácticas en empresas ou institucións de calquera dos países participantes no Programa Erasmus+ SMT (Acción Clave 1) durante o curso académico 2025/26.
Para público en xeral
Ata o 15/05/2026
Ás 23:59 h. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do Portal de solicitude
1. O/a estudante ten que estar matriculado/a na UDC no momento de presentar a súa solicitude.
2. O estudante non pode ter realizado previamente outra mobilidade con fin de prácticas no mesmo ciclo de estudos (grao, máster ou doutoramento) que está a cursar.
3. O estudante non poder ter realizado previamente e dentro do mesmo ciclo de estudos (grao, mestrado ou doutoramento) outras mobilidades no marco do programa erasmus que, sumadas á que solicita, superen os doce meses de duración.
4. O estudante deberá cumprir os requisitos de idiomas estranxeiros que se establecen no apartado 5 da convocatoria.
5. O estudante debe contar cun acordo de formación nas condicións sinaladas na convocatoria.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña,
Teléfono de atención ao alumnado: +34 881 01 11 11.
MODALIDADES:
A. Estudantado en prácticas: esta modalidade abrangue todas aquelas persoas solicitantes que realizan o seu período de prácticas mentres estean matriculadas como estudantes na UDC.
B. Estudantado recentemente titulado en prácticas: esta modalidade está orientada a aquel estudantado que solicite a mobilidade no seu último ano de estudos e realice e remate a súa estadía de prácticas no ano inmediatamente posterior ao depósito do título na UDC.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible