O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións mantén aberto o prazo de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.
Para público en xeral
Dende o 15/06/2020
A renda garantida será de 462 €/mes para unha persoa adulta que viva soa. Nas unidades de convivencia esta cantidade incrementarase en 139 €/mes por cada persoa adicional ata un máximo de 1.015 €/mes, e para as familias monoparentais engádese un complemento de 100 €.
A duración da prestación prolongarase mentres persista a situación de vulnerabilidade económica e se manteñan os requisitos que orixinaron o dereito á súa percepción (a súa contía adaptarase no caso de aumento ou perda de ingresos laborais ou doutro tipo cos que o IMV é compatible).
Oficinas da Seguridade Social
Teléfono gratuíto de información sobre IMV: 020 (de 9.00 a 14.30 h.)
Publicación: BOE 01/06/2020
SOLICITUDES: prefiblemente a través da Sede electrónica da Seguridade Social:
MÁIS INFORMACIÓN:
Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026
Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026
Dende o 07/04/2026 ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible