Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2026/27

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha o procedemento para adxudicar as prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que curse estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados na Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Alumnado de bacharelato: 20 de xuño - 17 de xullo de 2026. Alumnado de FP: 20 de xuño - 5 de agosto de 2026.

Requisitos:

  • Persoas empadroadas, xunto cos demais membros computables da unidade familiar, nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial docente nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite por infracción das normas de réxime interno e de convivencia do centro residencial docente.
  • Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún centro docente público ou privado concertado situado nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. No caso de centros docentes privados concertados deberá tratarse de ensinanzas e niveis incluídos no ámbito do concerto educativo.
  • Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto. Así mesmo, o alumnado matriculado en 1º curso dun ciclo formativo que o supere poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar 1º dun ciclo formativo distinto. Excepcionalmente por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial, para que poida continuar no centro residencial malia repetir o mesmo curso ou retomar o abandonado.
  • A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo que non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza, e tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos.
  • As solicitudes valoraranse conforme criterios socioeconómicos e de rendemento académico. Os criterios socioeconómicos abranguen: composición da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar e renda da unidade familiar.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

Remuneración / Dotación:

  • A adxudicación de praza de residencia será gratuíta cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 179/2026, do 11 de marzo, do Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2026/27.
  • Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
    • Ata un 10 %: 720,2 €.
    • Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.104,39 €.
    • Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.772,84 €.
    • Máis do 30 %: 2.630,42 €.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 436 523

CRD da Coruña (Culleredo) 

CRD de Ourense

CRD Vigo

Publicación: DOG 19/06/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED306A

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

  • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o 20 de xuño e o 17 de xullo de 2026 (este incluído).
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o 20 de xuño e o 5 de agosto de 2026 (este incluído).

Presentación de solicitudes en período extraordinario: 

  • Cando, feita a adxudicación de prazas en período ordinario, sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 31 de agosto e o 4 de setembro de 2026, ambos incluídos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión