Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, curso 2025/26
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca ata 20 premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2025/26, coa finalidade de dar recoñecemento ao esforzo e á dedicación do alumnado que, por circunstancias socioculturais, familiares ou persoais, ten desvantaxe cara conseguir rematar os seus estudos ou vese condicionado o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 20/07/2026
Requisitos:
Ter cursado durante o ano académico 2025/26 4º curso de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente.
Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria na convocatoria ordinaria do curso 2025/26.
Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural. O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornas socioculturais desfavorecidas ou de contornas familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara a conseguir rematar os seus estudos, ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible