Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios fin de carreira de ensinanzas artísticas superiores

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26 en centros públicos de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/10/2026

Requisitos:

  • Ter finalizados, no curso académico 2025/26, os estudos conducentes á titulación de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores pola que opta ao premio nun centro de ensinanzas artísticas superiores de titularidade da Xunta de Galicia, polo que a data de finalización de estudos debe estar comprendida entre o día 1 de setembro de 2025 e o día 31 de agosto de 2026.
  • Ter unha puntuación media no expediente académico igual ou superior a 8,5000 sen arredondamento.

Remuneración / Custo:

máximo 3.500 euros e un diploma acreditativo.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano, s/n. 15781- Santiago de Compostela (A Coruña)

tel: 981 546 556

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: sereap@edu.xunta.gal

Dúbidas ou dificultades técnicas na obtención dos formularios: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 01/09/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311G

Poderanse conceder até seis premios coa seguinte distribución:

  • 1 premio nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.
  • 1 premio nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • 2 premios nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño.
  • 2 premios nas ensinanzas artísticas superiores de Música.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión