Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de Bolsas Fundación Amancio Ortega 2027 - 2028
A Fundación Amancio Ortega convoca 500 bolsas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Do total de prazas convocadas, 90 bolsas asignaranse aos/as participantes procedentes de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia e 410 bolsas asignaranse aos/as participantes dos centros educativos das outras Comunidades e Cidades Autónomas de España.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 02/09/2026 ata o 23/09/2026
O prazo comeza e termina ás 13:00 h. (hora peninsular).
Requisitos:
Estar matriculado/a en 4º de ESO e achegar o certificado de matriculación, expedido polo centro educativo.
Nota media de Notable (8) en 3º de ESO e achegar o certificado académico de 1º, 2º e 3º de ESO.
Estar en posesión de DNI ou NIE e achegar copia.
Certificado tributario que acredite a situación fiscal da unidade familiar da persoa participante.
Proba de inglés. Para a realización da proba de inglés (virtual e presencial) existirá un formulario de reserva de praza que estará dispoñible do 13 ao 15 de outubro de 2026 (13:00 horas, apertura e peche).
Entrevista persoal. Para a realización da entrevista persoal seleccionaranse 1.000 persoas participantes das 2.500 que realizasen a proba de inglés
Remuneración / Dotación:
Todos os servizos necesarios para cursar un ano escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe de ida e volta á localidade de destino, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha asignación mensual para gastos menores, ademais de actividades complementarias antes da saída ao país de destino, dirixidas a formación e á tramitación dos seus expedientes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible