Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa de Bolsas Mestrado CNIC ACCIONA

O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC), en colaboración con ACCIONA ofrece, a través deste programa, 9 bolsas para que estudantes poidan cursar un mestrado oficial en biomedicina nunha universidade pública española e realizar as prácticas do seu Traballo Fin de Mestrado (TFM) nun laboratorio do CNIC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 20/07/2026

Requisitos:

  • Estar en posesión da titulación necesaria para acceder aos estudos de Mestrado no campo da Biomedicina no curso 2026-2027.
  • Non resultarán elixibles os estudantes que xa dispoñan dun título oficial de Mestrado ou cursasen o primeiro curso dun mestrado.
  • Non ser beneficiario/a doutra bolsa ou axuda de organismos públicos españois nin ter un contrato laboral. Esta bolsa é incompatible con calquera contrato laboral e bolsa ou axuda financiada con fondos públicos.
  • Ter a aceptación formal dun laboratorio do CNIC para a realización da parte experimental do mestrado.
  • Posuír unha nota media de grao igual ou superior a 7.0 (en escala de 0 a 10 puntos).

Remuneración / Custo:

As persoas seleccionadas recibirán unha subvención máxima de 9.600 euros. O CNIC sufragará unha viaxe de ida e volta desde o lugar de residencia ata Madrid, cun importe máximo de 300 €, aboará o importe da matrícula e o pagamento das taxas de expedición do título oficial de mestrado.

Páxina web:

www.cnic.es

Contacto:

Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC)

Máis información: programa_formacion@cnic.es

Publicación: BOE 30/06/2026

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif) 915926

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión