Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa de prácticas Blue Book - Comisión Europea

O programa de prácticas Blue Book da Comisión Europea proporciona a persoas novas graduadas ou tituladas en FP, experiencia práctica na formulación de políticas e a administración da UE. Convócase dúas veces ao ano e ten unha duración de 5 meses.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/03/2027 ata o 31/07/2027

Os períodos de formación comezan o 1 de marzo e o 1 de outubro de cada ano. Actualmente está aberto o prazo de solicitude para a sesión que comeza en marzo de 2027.

Inscricións:

Ata o 04/09/2026

ás 10.00 horas (hora de Bruxelas).

Requisitos:

  • As persoas candidatas deberán ser nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou nacionais dun país candidato que se acolla a unha estratexia de preadhesión.
  • No caso das prácticas destinadas a titulados de educación superior, as persoas candidatas deberán:
    • ter un nivel de formación que corresponda a un ciclo completo de estudos universitarios dunha duración mínima de tres anos, correspondente ao nivel 6 do Marco Europeo de Cualificacións (en diante, «MEC»), acreditado por un título expedido antes da data límite de presentación de candidaturas
    • ter un excelente dominio do inglés, o francés ou o alemán, con, como mínimo, un nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (en diante, «MCERL») e, no caso das persoas candidatas que sexan nacionais dun Estado membro, doutra lingua oficial da Unión Europea, con, como mínimo, un nivel B2 do MCERL.
  • No caso das prácticas destinadas a titulados de EFP, as persoas candidatas deberán:
    • ter unha cualificación de EFP correspondente, como mínimo, aos niveis 3, 4 ou 5 do MEC, acreditada por un certificado de cualificación profesional expedido antes da data límite de presentación de candidaturas,
    • ter un bo dominio do inglés, o francés ou o alemán, con, como mínimo, un nivel B2 do MCERL e, no caso das persoas candidatas que sexan nacionais dun Estado membro, doutra lingua oficial da Unión Europea, con, como mínimo, un nivel A2 do MCERL.
  • No caso das prácticas de tradución, as persoas candidatas deberán:
    • ter un nivel de formación que corresponda a un ciclo completo de estudos universitarios dunha duración mínima de tres anos, correspondente ao nivel 6 do MEC, acreditado por un título expedido antes da data límite de presentación de candidaturas,
    • ter unha lingua principal, que sexa unha lingua oficial da Unión Europea, cun nivel C2 do MCERL ou de lingua materna, unha segunda lingua, que será o inglés, o francés ou o alemán, con, como mínimo, un nivel C1 do MCERL, e unha terceira lingua, que será calquera outra lingua oficial da Unión Europea con, como mínimo, un nivel B2 do MCERL.
  • Quedarán excluídas das prácticas as persoas candidatas que teñan unha experiencia profesional anterior ou actual nunha institución, órgano ou organismo europeo8 superior a seis semanas (corenta e dous días naturais) antes do inicio das súas prácticas. Isto inclúe calquera tipo de prácticas (formal ou informal, remunerado ou non, a tempo completo ou parcial), así como ser asistente parlamentario acreditado ou asistente dun deputado ao Parlamento Europeo, consultor ou investigador intramuros, axente temporal, axente contractual, interino etc.

Remuneración / Dotación:

  • Este período de prácticas remunerado de cinco meses ofrécelle aos titulados:
    • Experiencia práctica na elaboración de políticas e a administración da UE
    • Habilidades profesionais para unha carreira global
    • Conciencia intercultural e crecemento persoal
    • Os bolseiros traballan nunha contorna multicultural, desenvolven competencias profesionais e obteñen información sobre as operacións da Comisión Europea e as súas axencias executivas, axencias descentralizadas ou outros organismos, e o Servizo Europeo de Acción Exterior.
  • Subsidio de manutención. Os bolseiros con discapacidade poden recibir un complemento na súa bolsa.

Páxina web:

https://traineeships.ec.europa.eu

Contacto:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión