Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa nacional "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" verán de 2026

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para participar no programa nacional "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" en Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalaxara), durante o verán de 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 26/03/2026

ás 12:00h.

Duración:

7 días, de domingo pola tarde a sábado pola mañá, entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2026.

Requisitos:

  • Mozas e mozos cunha idade máxima de 17 anos, cumpridos no ano da convocatoria, que estean a cursar 3º e 4º de Ensino Secundario Obrigatorio ou Formación Profesional Básica en centros educativos españois sostidos con fondos públicos, tanto os radicados en España como os de titularidade do estado español no exterior; ou estudantes de Seccións españolas ou Seccións bilingües en centros doutros países membros da Unión Europea.
  • As solicitudes serán presentadas polo pai/nai/titor legal do estudante que desexe participar no programa, mediante o formulario de inscrición accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio.

Remuneración / Custo:

Gastos de desenvolvemento do programa, seguro de accidentes e responsabilidade civil, así como o transporte en autobús de ida e volta desde a estación de ferrocarril ou autobuses de Plasencia (Cáceres), e de Guadalaxara. O traslado dos participantes desde o lugar de residencia ata o punto de recollida establecido polo pobo asignado e viceversa, non está incluído nas axudas e correrá a cargo dos interesados.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 15‐17, 28014 Madrid

Correo electrónico pueblos.estival@educacion.gob.es

Publicación: BOE 05/03/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 890843

O programa "Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados" ten como finalidade o traballo en distintos ámbitos: sustentabilidade e medioambiente, saúde e calidade de vida, respecto, tolerancia e convivencia, recuperación da contorna cultural e físico, incidindo no importante papel que xoga o medioambiente na vida das persoas e no desenvolvemento da sociedade.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión