Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca oito axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS, e dúas axudas para a finalización de teses doutorais en ciencia política ou sociología, en materias de interese para o Organismo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 02/06/2026
Requisitos:
Ter nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión ou de terceiros países con residencia legal en España.
Estar en posesión do título de graduado ou licenciado ou titulacións equivalentes expedidas por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior.
Os solicitantes das axudas individuais deberán acreditar atoparse nalgún dos seguintes casos: alcanzar a Suficiencia Investigadora, estar en posesión do Diploma de Estudos, estar en posesión do título oficial de Máster universitario, ou equivalente, ou atoparse nalgún dos supostos que establece o artigo 6, apartado 2, Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento.
Os investigadores principais de equipos de investigación solicitantes das axudas para a explotación dun dos temas propostos no obxecto desta convocatoria deberán acreditar estar en posesión do título de doutor nalgunha disciplina ou área das ciencias sociais.
Os solicitantes das axudas para a finalización de teses doutorais deberán acreditar atoparse nalgún dos seguintes casos: alcanzar a Suficiencia Investigadora, estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados, estar en posesión do título oficial de Máster universitario, ou equivalente, ou atoparse nalgún dos supostos que establece o artigo 6, apartado 2, Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento. Ademais, deberán xustificar que se está na fase de finalización da tese doutoral en Ciencia Política ou Sociología.
Remuneración / Custo:
Nas axudas individuais para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 6.000 euros.
Nas axudas a un equipo investigador para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 10.000 euros, cantidade que poderá distribuírse de forma heteroxénea entre os integrantes de cada equipo de investigación en función do traballo efectivamente realizado e as horas reais dedicadas ao proxecto segundo declaración responsable de conformidade asinada polo Investigador Principal (IP).
Nas axudas para a finalización de teses doutorais a contía será de 5.000 euros cada unha.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible