Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Subvencións para formación e investigación no CIS

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca oito axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS, e dúas axudas para a finalización de teses doutorais en ciencia política ou sociología, en materias de interese para o Organismo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 02/06/2026

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión ou de terceiros países con residencia legal en España.
  • Estar en posesión do título de graduado ou licenciado ou titulacións equivalentes expedidas por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior.
  • Os solicitantes das axudas individuais deberán acreditar atoparse nalgún dos seguintes casos: alcanzar a Suficiencia Investigadora, estar en posesión do Diploma de Estudos, estar en posesión do título oficial de Máster universitario, ou equivalente, ou atoparse nalgún dos supostos que establece o artigo 6, apartado 2, Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento.
  • Os investigadores principais de equipos de investigación solicitantes das axudas para a explotación dun dos temas propostos no obxecto desta convocatoria deberán acreditar estar en posesión do título de doutor nalgunha disciplina ou área das ciencias sociais.
  • Os solicitantes das axudas para a finalización de teses doutorais deberán acreditar atoparse nalgún dos seguintes casos: alcanzar a Suficiencia Investigadora, estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados, estar en posesión do título oficial de Máster universitario, ou equivalente, ou atoparse nalgún dos supostos que establece o artigo 6, apartado 2, Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento. Ademais, deberán xustificar que se está na fase de finalización da tese doutoral en Ciencia Política ou Sociología.

Remuneración / Dotación:

  • Nas axudas individuais para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 6.000 euros.
  • Nas axudas a un equipo investigador para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 10.000 euros, cantidade que poderá distribuírse de forma heteroxénea entre os integrantes de cada equipo de investigación en función do traballo efectivamente realizado e as horas reais dedicadas ao proxecto segundo declaración responsable de conformidade asinada polo Investigador Principal (IP).
  • Nas axudas para a finalización de teses doutorais a contía será de 5.000 euros cada unha.

Páxina web:

www.cis.es

Contacto:

Centro de Investigacións Sociolóxicas - CIS

Rúa Montalbán, 8. 28014 Madrid

Servizo de Fomento da Investigación fomento@cis.es

Publicación:

BOE 05/05/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 902929

As oito axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS poderán ser indistintamente para investigadores individuais e/ou equipos de investigación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión