Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Subvencións a entidades da provincia no ámbito do deporte
A Deputación Provincial da Coruña convoca subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro da provincia.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 15/11/2025
según programa de subvencións.
Requisitos:
Entidades privadas sen fins de lucro, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña que cumpran os requisitos da convocatoria.
Tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
Programa FO103A/2026 Programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2026. Prazo ata 16/12/2025 ás 14:00h.
Programa FO103B/2026 Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial, ou autonómico durante o ano 2026. Prazo ata 02/02/2026 ás 14:00h.
Programa FO103C/2026 Programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2026. Prazo ata 02/02/2026 ás 14:00h.
Programa FO103D/2026 Programa de subvencións a entidades deportivas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2026. Prazo ata 02/03/2026 ás 14:00h.
Programa FO104/2026 Programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2026. Prazo ata 16/12/2025 ás 14:00h
Programa FO104V/2026 Programa de subvencións aos clubs deportivos da provincia da Coruña que participaran en competición federada durante o ano 2025 para adquisición de vehículos de uso deportivo durante o ano 2026. Prazo ata 16/12/2025 ás 14:00h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible