Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Subvencións enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais co obxectivo de favorecer a participación das persoas mozas galegas na realización de proxectos de voluntariado.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 02/03/2026
Duración:
Entre 15 e 60 días desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 30 de setembro de 2026.
Requisitos:
Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de voluntariado xuvenil do ano 2026.
As entidades locais poderán concorrer á convocatoria de xeito individual ou conxuntamente baixo as fórmulas de agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar. Tamén poderán concorrer as entidades locais que sexan resultado dunha fusión doutras anteriores.
Estar legalmente constituídas, de conformidade coa natureza das ditas entidades e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia
Desenvolver os proxectos subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.
As persoas voluntarias serán persoas mozas de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Para as persoas menores de 18 anos precísase, ademais, autorización da nai, pai ou persoa que exerza a titoría legal.
Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.
Remuneración / Dotación:
A contía da subvención que se conceda a cada entidade calcularase a razón de 10 euros por persoa voluntaria e día, dos cales 6 euros diarios serán entregados pola entidade a estas, para cubrir os custos de desprazamento e manutención, mentres que os 4 euros restantes empregaraos a entidade para cubrir os gastos dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil das persoas voluntarias, así como os gastos correntes.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento BS320A
Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais. Estes proxectos desenvolveranse preferentemente nalgunha das seguintes actividades:
Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
Actividades con colectivos en situación de risco.
Actividades xuvenís.
Actividades ambientais.
Actividades relacionadas coa igualdade de xénero ou aquelas que desenvolvan medidas orientadas á prevención e sensibilización en materia de violencia de xénero.
Actividades relacionadas co ámbito familiar.
Actividades relacionadas coa posta en valor do medio rural.
Actividades relacionadas co benestar das persoas maiores.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible