Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia, INEGA, mantén aberta o prazo de solicitudes para as axudas na adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran determinadas características enerxéticas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/09/2026
até as 20:00h ou até esgotar fondos.
Requisitos:
Será obxecto de subvención a adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran as características enerxéticas indicadas a continuación e teñan un custo inferior ou igual a 42.000€ (impostos incluídos), que se amplía a 47.000€ para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a utilización de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas.
a) Vehículos M1 (Turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 118 g CO2/km. Establécense dúas categorías que recibirán diferente intensidade de axuda:
Tipo 1: Con emisións iguais ou inferiores a 99 g CO2/km
Tipo 2: Con emisións iguais ou inferiores a 118 g CO2/km
b) Vehículos N1 (Furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 110 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg, ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 180 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg
Para acceder á subvención, será requisito imprescindible que o adquirente titular do vehículo obxecto da subvención acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo a achatarrar no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico, mediante a presentación do correspondente certificado acreditativo da baixa definitiva do vehículo. O vehículo a achatarrar deberá ser, indistintamente, de categoría M1 ou N1, estar matriculado en España e ter unha antigüidade, contada dende a data da súa primeira matriculación e ata o día no que se fai a solicitude da axuda, de, polo menos, dez anos, no caso de vehículos M1, ou de cinco anos, no caso de vehículos N1. Adicionalmente, o vehículo a desmantelar deberá estar ao día no pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica e o adquirinte titular do vehículo susceptible da axuda, o cónxuxe ou un familiar de primeiro grao (por consanguinidade ou afinidade) deberá ostentar a titularidade do vehículo a achatarrar...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible