Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Summer Undergraduate Fellowship Program 2027

A Fundación Barrié anuncia a convocatoria do 2027 Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de estadías de investigación internacional durante o verán de 2027 dirixido a estudantes universitarios galegos de graos universitarios da área de Ciencias da Vida.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/06/2027 ata o 20/08/2027

Inscricións:

Dende o 04/09/2026 ata o 20/10/2026

Requisitos:

  • Nacionalidade española.
  • Vinculación con Galicia: nacer alí, residir nela 2 anos consecutivos antes da convocatoria ou ser fillo/a de pai ou nai nacido/a en Galicia.
  • Estar matriculado/a a tempo completo nun grao universitario español dunha área relacionada coa biomedicina, bioloxía, saúde ou veterinaria.
  • Media mínima de 7,0/10.
  • Nivel alto de inglés.
  • Dispoñibilidade do 21 de xuño ao 20 de agosto de 2027.
  • Preferencia por estudantes que non estean en primeiro nin en último curso.

Remuneración / Custo:

Os estudantes seleccionados recibirán o apoio económico necesario para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención, así como unha excelente formación no eido da investigación biomédica.

Páxina web:

https://fundacionbarrie.org

Contacto:

Fundación Barrié

R/ Cantón Grande, 9 (15003- A Coruña)

Tel.: 981 221 525

becas@fbarrie.org

Documentos:

bases.pdf (644 KB)

O obxectivo do Summer Undergraduate Fellowship Program é achegar a investigación biomédica aos estudantes universitarios galegos co obxectivo de que poidan adquirir experiencia nun laboratorio  internacional e orientar a súa carreira profesional.

A convocatoria ten por obxecto a concesión de 15 bolsas para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas, entre o 21 de xuño e o 20 de agosto de 2027, nos seguintes centros:

  • University College London, División de Medicina (Reino Unido)
  • University College London, División de Infecciones e Inmunidad (Reino Unido)
  • Louisiana State University Health Sciences Center, Departamento de Microbiología e Inmunología (Estados Unidos)
  • Massachusetts General Hospital, Departamento de Neurología (Estados Unidos)
  • Michigan State University, Facultad de Veterinaria (Estados Unidos)
  • Michigan State University, Facultad de Ingeniería (Estados Unidos)

SOLICITUDES: a través de la plataforma electrónica https://becas.fundacionbarrie.org/universitarios desde o 4 de setembro ata o 20 de outubro de 2026.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión