Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

USC | Bolsas Santander Estudos|Equality

No marco do Convenio de Colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Grupo Santander, a USC decide participar no programa “Bolsas Santander Estudos|Equality". A finalidade das dúas bolsas deste programa é ofrecer a dúas mulleres con bo expediente académico e escasos recursos económicos, a posibilidade de realizar os seus estudos nunha universidade adherida á Conferencia de Reitores de Universidades Españolas apoiándolles durante dous anos na titulación do grao que estean a cursar (2º e 3º de Grao).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/05/2026 ata o 15/09/2026

Requisitos:

  • Ser estudante muller matriculada no curso 2025/2026 no primeiro curso dun grao na USC.
  • Matricularse de segundo curso completo no curso 2026/2027 e ter superado o primeiro curso do grado na USC.
  • Ter sido beneficiaria dunha bolsa de Matrícula do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte (MEFPD) no curso 2025/2026.
  • Acreditar ter feita a solicitude da bolsa MEFPD para o curso 2026/2027
  • Contar cunha nota media do primeiro curso do grao igual ou superior a 6 puntos sobre 10...

Remuneración / Dotación:

5.000€ anuais.

Páxina web:

sede.usc.es

Contacto:

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado da USC

Pavillón Estudantil, 1.º andar. Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida. 15782- Santiago de Compostela (A Coruña)

tel:  881 814 525 / 881 814 560 / 881 814 523

e-correo: bolsas@usc.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión