Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

29 Certame Nacional de Pintura. Cidade de Antequera

Coa idea clara de colaborar decididamente á promoción e difusión da arte e a cultura, dando cabida a calquera novo ou coñecido artista quequiera participar mostrando a súa maneira de percibir e plasmar a arte, o Certame Nacional de Pintura Cidade de Antequera (PINTCA) prepárase para unha nova edición co obxectivo de seguir crecendo e consolidarse como un certame de referencia a nivel nacional.

A quen vai dirixido?:

Para o público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/07/2026 ata o 18/10/2026

Requisitos:

Poderá participar calquera artista español ou estranxeiro residente en España sempre que sexa maior de 18 anos.

Para o Primeiro e Segundo Premio tanto a temática como a técnica para utilizar serán de libre elección. No caso do premio especial temática de Antequera a técnica será de libre elección, estando a temática relacionada coa cidade de Antequera, o seu patrimonio material e inmaterial, natural e cultural, os seus costumes e xentes.

Cada Pintor presentará unha soa obra que será orixinal e que non fose presentada a convocatorias anteriores do Certame de Pintura da Comunidade de Propietarios do Polígono Industrial de Antequera.

As dimensións da mesma serán como máximo de 200×200 cm e como mínimo de 73×60 cm.

Remuneración / Dotación:

A cantidade asignada para este certame é de 7.500 € repartidos en tres premios:

- Primeiro Premio de 4.000 €

- Segundo Premio de 2.500 €

- Premio Temática de Antequera de 1.000 €

Páxina web:

https://pintca.com

Contacto:

Pinacoteca Andaluza. Cidade de Antequera

C/Infante Don Fernando, nº 67. 29200- Antequera (Málaga)

Tel: 952 701 993

e-correo: info@comunidadpoligonoantequera.com

Documentos:

Bases-2026 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión