Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

38º Premio "Torrente Ballester" de Narrativa en Lingua Galega

Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza as nosas escritoras e escritores, e coa vontade de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña, convoca o Premio "Torrente Ballester" de narrativa en lingua galega do ano 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/04/2026

Requisitos:

  • Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
  • As obras estarán escritas en lingua galega e serán de tema e extensión libre.
  • Poderán presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos, que deberán cumprir as seguintes especificacións: o tratamento de texto será Word, LibreOffice ou PDF, en formato DIN A4, texto a dobre espazo, letra Times New Roman corpo 12 e deberá estar paxinado.

Remuneración / Custo:

Establécese un premio único dotado con 15.000 €.

Páxina web:

www.dacoruna.gal/cultura/premios/torrente

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avda. Porto da Coruña, 2 (15003 - A Coruña)

Tel.: 981 080 319

correo-e: cultura@dacoruna.gal

Publicación: 

BOP 24/12/2025 (bases)

BOP 27/01/2026 (convocatoria)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión