Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

40.ª edición dos premios Tiflos | ONCE

A ONCE convoca por cuadraxésima vez consecutiva os Premios TIFLOS, un certame co que a organización promociona anualmente a creación literaria en lingua castelá e impulsa a escritura entre as persoas cegas ou con discapacidade visual grave, de calquera país.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Premios Tiflos de Poesía, de Conto e de Novela: prazo ata as 12.00 h do 30/09/2026

Premios Tiflos de Xornalismo: prazo ata o 30/01/2027

Requisitos:

  • Escritoras e escritores de calquera país, maiores de 18 anos, sempre que presenten os seus traballos en lingua castelá.
  • Os/as escritores/as con discapacidade visual grave deberán acreditar esta circunstancia convenientemente. Considerarase discapacidade visual grave:
    • Ter unha agudeza visual igual ou inferior a 0,1
    • Dispoñer dun campo visual diminuído a 10 graos ou menos.
  • Os traballos deben ir asinados baixo un pseudónimo non utilizado con anterioridade e terán unha extensión de entre 500 e 1.000 versos en poesía, entre 500 e 1.000 liñas en prosa poética, entre 25.000 e 40.000 palabras para o xénero de conto -entendido como colección de contos- e entre 50.000 e 100.000 palabras para o xénero de novela.
  • O envío dos traballos realizarase de forma electrónica, a través do formulario web habilitado para tal efecto (plica electrónica). Non se admitirá a remisión de obras impresas en papel ou noutros soportes.
  • O premio outorgaráselles aos traballos publicados en medios de comunicación do Estado español que, en opinión do xurado, mellor exalten os valores relacionados coa inclusión das persoas con discapacidade e a supresión de barreiras físicas e mentais que, en determinadas ocasións impón a sociedade. Así mesmo, valoraranse especialmente os traballos que se refiran á superación individual ou colectiva destas barreiras.
  • O Premio Tiflos de Xornalismo terá catro modalidades: Prensa Escrita, Radio, Televisión e Xornalismo Dixital. O mesmo traballo non poderá optar a dúas categorías...

Remuneración / Dotación:

  • Premio TIFLOS de Poesía : 10.000 euros, diploma e edición impresa
  • Premio TIFLOS de Conto : 10.000 euros, diploma e edición impresa
  • Premio TIFLOS de Novela : 20.000 euros, diploma e edición impresa

Así mesmo, sen ser acumulativos, as persoas escritoras cegas ou con discapacidade visual grave acreditada poderán obter os seguintes premios, non divisibles:

  • Premio Especial de Poesía, de Conto e de Novela: 5.000 euros e diploma para cada xénero.
  • Accésit, cando a calidade da obra o xustifique e por proposta do xurado, para un único traballo de entre todos os presentados por persoas escritoras cegas ou con discapacidade visual grave: 2.500 euros e diploma.

Premio TIFLOS de Xornalismo : 9.000 € para cada unha das catro modalidades: Prensa Escrita, Radio, Televisión e Xornalismo Dixital.

Páxina web:

www.once.es

Contacto:

Dirección General de la ONCE

(Dirección de Promoción Cultural, Atención al Mayor, Juventud, Tiempo Libre y Deporte)

Calle del Prado, 24, 28014 Madrid

Tel: +34 91 506 89 18 / 19

Correo electrónico: tiflosliterario@once.es

Publicación: BOE 22/06/2026

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión