Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

45º Premios do Tren "Antonio Machado"

A Fundación dos Ferrocarrís Españois convoca a 45ª edición dos Premios do Tren "Antonio Machado", correspondente ao ano 2026, nas modalidades de Poesía e Conto, co fin de fomentar a creatividade literaria inspirada no mundo ferroviario.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/06/2026

Requisitos:

  • Poderán participar escritores e escritoras de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, relacionadas co mundo do ferrocarril.
  • As obras non poderán ser premiadas nin estar presentadas simultaneamente a outros concursos ou certames literarios. Quen obtivese 1º ou 2º premio en edicións anteriores non poderán volver presentarse ata transcorridos tres anos.
  • A convocatoria conta con dúas modalidades:
    • - Poesía
    • - Conto
  • As obras deberán estar escritas en calquera das linguas oficiais do estado español, ter unha extensión máxima de 4.500 palabras e presentarse en formato PDF a través do formulario dispoñible en https://ffe.es/premiosdeltren.

Remuneración / Custo:

Concederanse os seguintes premios en cada categoría:

  • 1º Premio: 7.000 €
  • 2º Premio: 3.000 €
  • 2 Accésits: 500 € cada un en cada categoría

Páxina web:

https://ffe.es/premiosdeltren

Contacto:

Fundación dos Ferrocarrís Españois

C/ Santa Isabel, 44 (28012 - Madrid)

Tel: 911 511 070

correo-e: cultura@ffe.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión