Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca o Certame de Cooperativismo no Ensino 2026, unha iniciativa ten como obxectivo difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, a través do impulso de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/04/2026
Requisitos:
Poden participar os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado.
Modalidades:
1. Actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
Poderán presentar a este concurso calquera produción artística en modalidade gráfica ou audiovisual (debuxos, pinturas, maquetas, fotografías, vídeos ou calquera tipo de creación dixital) realizada de forma colectiva (minimo 3 alumnos/as) nos que se reflicta a posta en práctica dos valores e dos principios cooperativos
2. Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
- Poderán presentar a este concurso as memorias de actividades realizadas cooperativamente por grupos de alumnos ou alumnas (mínimo 3 alumnos/as por traballo)
- As actividades poderán consistir, entre outras, na creación de cooperativas escolares, organización de eventos ou festivais, obras de teatro, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou actividades de voluntariado.
3. Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
Poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a modalidade de proxectos empresariais cooperativos
Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo 3 alumnos/as dirixidos por un profesor/a
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Remuneración / Dotación:
Modalidades de actividades artísticas e de actividades cooperativizadas:
Premio mellor traballo en cada modalidade: 2.500 €
Accésit finalista en cada modalidade: 1.500 €
Os importes dos premios correspondentes cada unha destas modalidades serán aboados aos centros de ensino.
Modalidade de proxectos empresariais cooperativos:
Premio mellor proxecto: 4.500 €
Accésit proxecto finalista: 3.500 €
Os importes destes premios serán aboados o alumnado que elaborou o proxecto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible