Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de
Compostela e Teo convocan unha nova edición deste certame de regueifas en vídeo, cuxo obxectivo é apoiar e difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do uso da lingua galega.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 06/03/2026
Requisitos:
Establécense 2 categorías de participación:
a) Xeral, na que pode participar calquera persoa.
b) Escolar, na que pode participar alumnado dos centros educativos galegos non universitarios (educación infantil, primaria, secundaria, FP, ensinanzas especiais, artísticas, escolas de música, de danza ou de idiomas). Nesta categoría, as persoas participantes representarán o centro educativo no que estuden, aínda que poden inscribirse co nome da súa aula ou co que decidan adoptar para diferenciárense doutras que participen do mesmo centro.
Establécense os seguintes requisitos para os videos:
O idioma empregado ten que ser o galego.
A temática é libre.
En cada vídeo deben aparecer, cando menos, dúas persoas. Unha mesma persoa pode participar en varios vídeos.
A duración máxima das pezas será de 3 minutos. Non se establecen restricións no formato, sempre e cando as gravacións se aprecien de xeito claro.
Non se poderán transmitir imaxes ou mensaxes violentas, ofensivas e/ou discriminatorias.
Os vídeos enviaranse a través da web https://enregueifate.gal xunto co formulario de inscrición (no caso de participantes menores de 14 anos, a inscrición deberá facela unha persoa adulta-titor/a legal ou docente-que terá que xuntar a autorización asinada)
Remuneración / Custo:
Os premios serán simbólicos e incluirán a difusión do traballo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible