Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Certame Internacional de Moda Sustentable RAÍCES

O Certame Internacional de Moda Sustentable "RAÍCES 2026" convida a profesionais, estudantes e afeccionados a repensar a moda desde a sustentabilidade, a circularidad e a emoción. Promovido pola deseñadora Virginia Abzueta e a colaboración da Consellería de Cultura do Principado de Asturias, forma parte do Proxecto RAÍCES, iniciativa que busca impulsar un cambio real na industria téxtil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 28/01/2026

Requisitos:

Poderán participar maiores de 18 anos de calquera nacionalidade: deseñadores/as profesionais, estudantes de moda ou de disciplinas vinculadas ao deseño e a sustentabilidade e/ou artesáns, creadores e entusiastas, que traballen con reciclaxe, reutilización ou técnicas manuais.

Cada participante deberá presentar unha proposta creativa completa que reflicta o espírito do certame: sustentabilidade, innovación e responsabilidade na moda. Só aceptaranse envíos dixitais, por correo-e a participa@raicesasturias.com (asunto "Proposta Raíces2026 - [Nome do participante]")

Remuneración / Custo:

Premiaranse as seguintes categorías:

  • Mellor Deseño Sustentable
  • Innovación en Reciclaxe e Materiais
  • Premio Especial do Público

O Certame non outorgará galardóns con dotación económica. Os deseños gañadores expoñeranse nunha mostra organizada polo Proxecto RAÍCES e os 20 seleccionados poderán mostrar o seu traballo na Madrid Fashion Week 2026.

Páxina web:

www.raicesasturias.com

Contacto:

Proxecto RAÍCES

C/ San Bernardo 21 (33201 - Xixón)

Tel.: 615 419 078

correo-e: participa@raicesasturias.com

Os 20 proxectos seleccionados polo xurado publicaranse o 30 de Xaneiro de 2026 e pasarán a esta segunda fase, onde deberán materializar a peza proposta para participar no desfile final, que se celebrará o 29 de maio 2026 en Xixón (Asturias)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión