Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Asociación PDS -Promoción e Desenvolvemento Social‐ no marco do Programa “O teu Punto" de prevención do consumo problemático de drogas e outras condutas adictivas dirixido a alumnado universitario e de ensinos postobligatorias, convoca unha nova edición do Concurso “Adiccións: O teu punto de mira” nas súas tres modalidades: vídeos en YouTube, vídeos en TikTok e carteis en Instagram.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 14/04/2026
Requisitos:
Estudantes maiores de 18 anos matriculados en Universidades españolas (grao, máster, doutoramento ou intercambio internacional) e outros ensinos postobligatorias: bacharelato, ciclos formativos e ensinos de réxime especial
Pódese participar de maneira individual ou grupal.
As obras deberán estar relacionadas coa prevención de condutas adictivas e deberán promover a reflexión crítica sobre os riscos derivados do consumo de drogas e/ou usos das TRIC (tecnoloxías da relación, información e comunicación): poden tratar temas como a presión de grupo, usos saudables das pantallas, adicción ao xogo, autocontrol, etc.
Establécense tres modalidades de participación:
a) concurso de vídeos en YouTube: os vídeos, dun máximo de 2 minutos de duración, subiranse a YouTube cumprindo os requisitos das bases específicas.
b) concurso de vídeos en TikTok: os vídeos, dun máximo de 30 segundos de duración e formato vertical, subiranse a TikTok cumprindo os requisitos das bases específicas.
c) concurso de carteis en Instagram; os carteis deseñados subiranse a Instagram cumprindo os requisitos das bases específicas.
A inscrición efectuarase completando o formulario correspondente dispoñible en www.tupunto.org (deberá realizarse unha inscrición por cada obra presentada)
Remuneración / Dotación:
Concurso de vídeos en YouTube:
1º Premio: 1.200 €
2º Premio: 1.000 €
3º Premio: 800 €
4º Premio: 600 €
Premio á mellor valoración do público: 500 €
Premio especial ao mellor vídeo realizado no marco dun crédito ECTS: 900 €
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible