Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso "Adiccións: O teu punto de mira"

A Asociación PDS -Promoción e Desenvolvemento Social‐ no marco do Programa “O teu Punto" de prevención do consumo problemático de drogas e outras condutas adictivas dirixido a alumnado universitario e de ensinos postobligatorias, convoca unha nova edición do Concurso “Adiccións: O teu punto de mira” nas súas tres modalidades: vídeos en YouTube, vídeos en TikTok e carteis en Instagram.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 14/04/2026

Requisitos:

  • Estudantes maiores de 18 anos matriculados en Universidades españolas (grao, máster, doutoramento ou intercambio internacional) e outros ensinos postobligatorias: bacharelato, ciclos formativos e ensinos de réxime especial
  • Pódese participar de maneira individual ou grupal.
  • As obras deberán estar relacionadas coa prevención de condutas adictivas e deberán promover a reflexión crítica sobre os riscos derivados do consumo de drogas e/ou usos das TRIC (tecnoloxías da relación, información e comunicación): poden tratar temas como a presión de grupo, usos saudables das pantallas, adicción ao xogo, autocontrol, etc.
  • Establécense tres modalidades de participación:
    • a) concurso de vídeos en YouTube: os vídeos, dun máximo de 2 minutos de duración, subiranse a YouTube cumprindo os requisitos das bases específicas.
    • b) concurso de vídeos en TikTok: os vídeos, dun máximo de 30 segundos de duración e formato vertical, subiranse a TikTok cumprindo os requisitos das bases específicas.
    • c) concurso de carteis en Instagram; os carteis deseñados subiranse a Instagram cumprindo os requisitos das bases específicas.
  • A inscrición efectuarase completando o formulario correspondente dispoñible en www.tupunto.org (deberá realizarse unha inscrición por cada obra presentada)

Remuneración / Dotación:

  • Concurso de vídeos en YouTube:
    • 1º Premio: 1.200 €
    • 2º Premio: 1.000 €
    • 3º Premio: 800 €
    • 4º Premio: 600 €
    • Premio á mellor valoración do público: 500 €
    • Premio especial ao mellor vídeo realizado no marco dun crédito ECTS: 900 €
  • Concurso de vídeos en TikTok:
    • 1º Premio: 700 €
    • 2º Premio: 400 €
    • 3º Premio: 200 €
  • Concurso de carteis en Instagram:
    • 1º Premio: 600 €
    • 2º Premio: 400 €
    • 3º Premio: 200 €

Páxina web:

https://www.tupunto.org

Contacto:

Asociación PDS - Promoción e Desenvolvemento Social

C/ Provenza, 79, baixos 3ª (08029 - Barcelona)

Tel.: 93 430 71 70

correo-e: infoadicciones@tupunto.org

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión