Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso Carteis CIMA 2026

A área de Mocidade do Excmo. Concello de Ponferrada convoca un "Concurso de carteis" para seleccionar o cartel anunciador da Cidade Máxica 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/07/2026 ata o 22/07/2026

Requisitos:

  • Poderanse presentar persoas físicas de calquera idade, nacionalidade e lugar de residencia.
  • A obra ha de ser orixinal, inédita e non supoñer, en todo ou en parte, copia, plaxio, recreación ou variación de obras publicadas propias ou doutros artistas. Cada autor poderá presentar cuantos orixinais desexe, cada un deles co seu correspondente título ou lema.
  • As dimensións dos orixinais fíxanse en 70 cm. de alto X 50 cm. de ancho. Cada traballo presentarase de forma impresa e en soporte dixital (CD ou DVD) cun tamaño igual ao orixinal e unha resolución de polo menos 300 ppp. No cartel deberá figurar obrigatoriamente a seguinte lenda: "CIMA 2026 Do 1 ao 6 de setembro".
  • Os traballos deberán ser entregados ou enviados á CASA DA CULTURA de Ponferrada, Gran Vía Reino de León 22, 24402 Ponferrada (León), indicando no seu exterior "Concurso de Carteis Cima 2026".

Remuneración / Dotación:

Establécese un único premio de 500 € para o cartel gañador.

Páxina web:

https://www.cimainforma.es/2026/06/02/concurso-carteis-cima-2026/

Contacto:

Casa de Cima (Parque do Amorne)

Avda. de Portugal, s/n - 24403 Ponferrada (León)

Tel.: 987428583

Correo-e: cima@ponferrada.org

Documentos:

Bases completas (276 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión