Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de Poesía Jesús Serra 2026

A Fundación Occident convoca o XIX Concurso de Poesía Jesús Serra no que poden participar persoas de calquera nacionalidade desde os 10 anos de idade en diferentes categorías.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 27/04/2026

ata as 12.00 h.

Requisitos:

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade.
  • Establécense 4 categorías de participación:
    • Adultos: a partir de 26 anos (incluídos)
    • Adultos novos: entre 18 e 25 anos (ambos os incluídos)
    • Xuvenil: de 14 a 17 anos (ambos os incluídos)
    • Infantil: de 10 a 13 anos (ambos os incluídos)
  • O tema dos poemas será libre. As obras deberán ter unha extensión máxima de 60 versos e a tipografía debe ser Arial 12.
  • Cada participante pode presentar ao concurso un máximo de dúas obras, unha en cada unha das linguas admitidas: castelán e catalán.
  • A inscrición realizarase en www.fundacionoccident.org/concurso-poesia cos datos persoais e da obra e o orixinal en Word ou PDF.

Remuneración / Custo:

  • Categorías Adultos e Adultos novos: 2 premios, un en castelán e un en catalán, de 2.500 € cada un.
  • Categoría Xuvenil: 2 premios, un en castelán e un en catalán, de 1.500 € cada un.
  • Categoria Infantil: 2 premios, un en castelán e un en catalán, de 800 € cada un.

Páxina web:

www.fundacionoccident.org/concurso-poesia

Contacto:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión