Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Concurso-Exposición sobre Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a figura homenaxeada en 2026 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística do momento en que viviu.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 23/01/2026
Requisitos:
Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Establécense dúas categorías de participación:
Categoría A: educación infantil e primaria
Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
O eixe temático das exposicións será a obra e o periodo vital da figura homenaxeada desde unha perspectiva interdisciplinar.
Remuneración / Custo:
Outorgaranse un premio por cada categoría de participación.
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio por valor de 2 000 €.
O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de 1º premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible