Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cromática IX Bienal de Pintura Nova

Fundación Cum Laude organiza “Cromática IX Bienal de Pintura Nova”. Esta edición celebrarase na sala de Exposicións Anxo Valente de Ourense. O obxectivo da Bienal é dar a oportunidade a novos pintores de expoñer os seus traballos máis representativos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/06/2026

Requisitos:

  • Poderán participar todos os artistas que o desexen de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos (ambos os incluídos) e de calquera nacionalidade.
  • Cada artista poderá participar cun máximo dunha obra. Non se realizará unha selección previa das obras máis aló de que a inscrición na Bienal cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria. As obras aceptaranse por estrita orde de recepción da inscrición ata completar o aforamento da sala de exposicións.
  • En caso de alcanzarse o espazo dispoñible na sala, pecharase a inscrición aínda antes de terminado o prazo da mesma.
  • Declárase libre tanto a temática como as técnicas empregadas. Non hai límite de medidas no formato das obras, aínda que o padroado da Fundación, en función da capacidade da sala de exposicións, poderá descartar aquelas obras de gran formato que non se adapten ao espazo.

Remuneración / Custo:

  • Premio do Xurado. Dotado cun premio en metálico por valor de 1000 euros. O xurado estará formado por tres acodes expertas no mundo da arte.
  • Premio popular. Este premio será resultado da obra máis votada polo público e está dotado con 400€ en metálico.
  • 5 accésits. Nesta edición e de forma extraordinaria concederanse, pola Fundación ELSER, cinco accésit de 300€ de do

Páxina web:

https://www.fundacioncumlaude.com/cromatica-ix

Contacto:

Fundación Cum Laude

Tel.: +34 607 85 54 41.

fundacioncumlaude@gmail.com

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión