Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Fundación Cum Laude organiza “Cromática IX Bienal de Pintura Nova”. Esta edición celebrarase na sala de Exposicións Anxo Valente de Ourense. O obxectivo da Bienal é dar a oportunidade a novos pintores de expoñer os seus traballos máis representativos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 18/06/2026
Requisitos:
Poderán participar todos os artistas que o desexen de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos (ambos os incluídos) e de calquera nacionalidade.
Cada artista poderá participar cun máximo dunha obra. Non se realizará unha selección previa das obras máis aló de que a inscrición na Bienal cumpra os requisitos establecidos nesta convocatoria. As obras aceptaranse por estrita orde de recepción da inscrición ata completar o aforamento da sala de exposicións.
En caso de alcanzarse o espazo dispoñible na sala, pecharase a inscrición aínda antes de terminado o prazo da mesma.
Declárase libre tanto a temática como as técnicas empregadas. Non hai límite de medidas no formato das obras, aínda que o padroado da Fundación, en función da capacidade da sala de exposicións, poderá descartar aquelas obras de gran formato que non se adapten ao espazo.
Remuneración / Custo:
Premio do Xurado. Dotado cun premio en metálico por valor de 1000 euros. O xurado estará formado por tres acodes expertas no mundo da arte.
Premio popular. Este premio será resultado da obra máis votada polo público e está dotado con 400€ en metálico.
5 accésits. Nesta edición e de forma extraordinaria concederanse, pola Fundación ELSER, cinco accésit de 300€ de do
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible