Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Padroado Lorca presenta o I Certame Literario "Cartas a Federico", co que convida a persoas de todo o mundo para escribir, a man, unha carta dirixida a Federico García Lorca, co obxecto de fomentar a creación literaria no xénero epistolar e promover a difusión da figura e a obra de Federico García Lorca.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/06/2026
ata as 12.00 h.
Requisitos:
Poderá optar ao premio calquera persoa física, calquera que sexa a súa nacionalidade, que cumprise 18 anos no momento en que se peche o prazo de admisión de solicitudes.
Cada aspirante poderá presentar unha única carta, que deberá ser orixinal, inédita, non publicada nin premiada con anterioridade, nin pendente de resolución noutros certames.
A carta será redactada en lingua castelá, perfectamente legible, debendo estar manuscrita, e presentarse en orixinal manuscrito, en formato A4, en branco, con tinta azul ou negra, a unha cara. Non se admitirán copias nin reproducións.
A extensión mínima será de 300 palabras e a máxima de 500 palabras.
A temática deberá gardar unha relación directa coa figura, a obra ou o legado cultural de Federico García Lorca.
Non se admitirán cartas elaboradas total ou parcialmente mediante o uso de sistemas, ferramentas ou aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial.
As cartas deberán remitirse exclusivamente por correo certificado ao Apartado de Correos 1898, código postal 18009 (Selecta). A exclusión da presentación electrónica fundaméntase na natureza manuscrita das obras, que esixe o soporte físico orixinal, sen prexuízo do establecido na Lei 39/2015.
Remuneración / Dotación:
Outorgarase un premio único¡e 3.500 € e a publicación da carta gañadora polo Padroado Lorca.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible