Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
III Nacional Concurso de Cómic e Ilustración Academia Rede Panda
A Academia Rede Panda de Artes Gráficas presenta o III Concurso de Cómic e Ilustración Academia Rede Panda. O obxectivo do concurso é motivar e axudar a formarse aos novos talentos da ilustración e o cómic a nivel nacional.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/06/2026
Requisitos:
Persoas participantes:
Poderán participar (segundo categoría) todas aquelas persoas de nacionalidade española ou residentes en España:
Infantil: Ter unha idade comprendida entre os 10 e os 15 anos a data da finalización da recepción das obra
Adultos: Cumprir polo menos 16 anos a data da finalización da recepción das obras.
Obras:
MODALIDADE CÓMIC: Cómic de entre 3 e 6 páxinas en formato .pdf ou .jpg, nomeado co título. PÓDESE engadir unha portada a cor (non conta para o número de páxinas).
MODALIDADE ILUSTRACIÓN: Unha soa lustración en formato .pdf ou .jpg nomeado co título da obra.
Pódese presentar unha obra por participante e modalidade, pero só poderase gañar o premio dunha das dúas.
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, e non ser gañadores en ningún outro certame
Non se permite a utilización de ningún tipo de Intelixencia Artificial durante o proceso de creación.
O tamaño de todas as páxinas e ilustracións debe ser A4 (21x29,7cm, vertical). A resolución debe ser de 300ppp.
Tema:
As obras haberán de ter relación xustificada e explícita co tema seleccionado para esta edición: "MONSTROS".
Remuneración / Custo:
MODALIDADE CÓMIC
CATEGORÍA ADULTOS
Un ano de clase gratis no Curso Anual de Cómic e Manga de Academia Rede Panda.
Tableta gráfica Artist 22 Plus
Licenza gratuíta dun ano de Clip Studio Paint Ex.
Vale de 50€ para gastar en Milbby.
CATEGORÍA INFANTIL
Un ano de clase gratis no Curso Anual de Cómic e Manga de Academia Rede Panda.
Tableta gráfica Deco 640 de XP-Pen.
Licenza gratuíta de 6 meses de Clip Studio Paint Prol.
Pack de 5 cómics e vale de 50€ para gastar en Milbby
MODALIDADE ILUSTRACIÓN
CATEGORÍA ADULTOS
Un ano de clase gratis no Curso Anual de Ilustración Dixital de Academia Rede Panda.
Tableta gráfica Artist 22 Plus
Licenza gratuíta de 6 meses de Clip Studio Paint Prol.
Vale de 50€ para gastar en Milbby.
CATEGORÍA INFANTIL
Un ano de clase gratis no Curso Anual de Ilustración Dixital de Academia Rede Panda.
Tableta gráfica Deco 640 de XP-Pen.
Licenza gratuíta de 6 meses de Clip Studio Paint Prol.
Pack de 5 cómics e vale de 50€ para gastar en Milbby
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible