Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Asociación Catalá de Comunicación Científica (ACCC) organizan a 13ª edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e da Natureza "Illustraciencia", unha iniciativa que ten como finalidade promover a cultura científica a través da ilustración científica, así como incentivar o desenvolvemento e o coñecemento desta disciplina longamente vinculada á ciencia e á divulgación científica.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 31/03/2026
Requisitos:
Persoas ou equipos de persoas maiores de 18 anos, sen importar o país de residencia. Quedan excluídos os gañadores da edición anterior e membros da organización e xurado.
Establécense 3 categorías de participación:
- Científica
- Naturalista
- Ciencias mariñas "Luisa de la Vega"
Cada participante poderá enviar unha única obra que se presentará a través do formulario dispoñible en https://illustraciencia.info/participa . No caso de participar en equipo deberase indicar o nome de todos os integrantes do mesmo.
A obra deberá ser realizada entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de marzo de 2026.
O tema das ilustracións deberá estar relacionado coa ciencia ou a natureza e a técnica é libre. É obrigatorio indicar se se utilizou Intelixencia Artificial na súa realización.
O tamaño da ilustración hase de adaptar a A4 (210 x 297mm) 150 DPI en RGB. A proposta non deberá incluír marca de auga, título ou textos.
No formulario de participación, xunto coa ilustración, deberase incluír un texto divulgativo de entre 50 e 100 palabras, que describirá de forma rigorosa a especie ou o elemento representado e explicará o seu interese científico, divulgativo ou artístico.
Remuneración / Custo:
1.000 € para a obra gañadora en cada unha das tres categorías.
De entre todas as propostas recibidas, o xurado seleccionará un máximo de 40 ilustracións para que formen parte da exposición en base ao seu rigor técnico, innovación e capacidade divulgativa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible