Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
IV Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo"
A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, o IV Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria, con técnicas actuais para a sociedade dixital.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 25/07/2026
Requisitos:
Poderá participar estudantes de ESO, bacharelato ou estudos universitarios que teñan entre 15 e 18 anos. A participación será individual ou grupal.
Os temas preferentes das pezas que se presenten serán o medio ambiente, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral e a tradición oral. Todos temas do universo oteriano.
O idioma será o galego.
Cada peza debe ter unha presentación do/a autor/a, do tema, unha mensaxe central e un peche.
Cada peza debe ter unha presentación do/a autor/a e do tema, unha mensaxe central e un peche, e enviaranse, en formato podcast e vídeo, ao correo-e amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com
Remuneración / Custo:
1ºpremio: un ordenador portátil + 500 € en produtos Coren (empresa colaboradora)
2º premio: 500 € en produtos Coren (empresa colaboradora)
3º premio: 200 € en produtos Coren (empresa colaboradora)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible