Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convocan, en colaboración coa Xunta de Galicia e Culturalia GZ, o IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba co fin de poñer en valor este
monumento histórico, promover a sua conservación e, ao mesmo tempo, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 18/10/2026
Requisitos:
Poderán concorrer ao certame todos os autores e autoras que o desexen, sempre que teñan 16 anos ou máis e presenten as súas obras en lingua galega.
Presentarase unha única obra por autor/a, cunha extensión mínima de 300 versos e máxima de 600 versos. A súa temática, métrica e rima serán libres.
As obras presentaranse escritas a ordenador, en calquera soporte, por unha soa cara, con tamaño de letra 12 e tipo Arial.
Deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas en ningún outro concurso ou certame literario. Non poderán participar os gañadores das dúas últimas edicións do Certame de Poesía Torre de Caldaloba.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica do Concello de Cospeito. Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente no Concello de Cospeito ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible