Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a novena edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, unha iniciativa destinada a fomentar a investigación e a produción de pensamento arredor da arte contemporánea mediante a elaboración de traballos inéditos escritos orixinalmente en lingua galega.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 18/09/2026
Requisitos:
Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos orixinalmente en galego conforme a normativa vixente, en relación cos labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, sen participación de programas de intelixencia artificial. Quedarían polo tanto excluídas as traducións doutras linguas e redaccións mediante o uso ou a intervención de programas de intelixencia artificial.
Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais, que non poderán conter ilustracións, abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos os espazos. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante e, polo tanto, que rompa o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia sede.xunta.gal
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible