Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Dirección Xeral de Xuventude abre o prazo de inscrición para a 17ª edición de Parlamento Xove correspondente ao curso 2025/2026. O proxecto baséase nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 16/01/2026
Requisitos:
Nas categorías de ESO, Bacharelato e FP, cada centro educativo poderá inscribir, como máximo, 2 equipos por categoría. O equipo de debate componse de 4 membros e unha persoa coordinadora pertencentes ao centro educativo ao que representan.
Na categoría de Universidade, cada campus universitario poderá preinscribir tantos equipos como considere. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 e un máximo de 4 membros e unha das persoas membros do equipo actuará como coordinador/a.
Na categoría Posformativa, a participación estará limitada a un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 e un máximo de 4 membros e unha das persoas membros do equipo actuará como coordinador/a.
Remuneración / Dotación:
Equipos gañadores do Parlamento Xove, en todas as categorías: unha viaxe para os/as integrantes do equipo valorada en 4.000 €.
Equipo finalista: un agasallo a cada integrante do equipo.
O xurado poderá facer 1 mención especial por cada categoría ( ESO, Bacharelato, Universidade, FP e Posformativa). O alumnado distinguido con esta mención recibirá un diploma acreditativo e un agasallo.
Poderán inscribirse un total de 24 equipos na Categoría de ESO, 24 equipos na Categoría de Bacharelato, 8 equipos na Categoría de FP, 16 equipos na Categoría de Universidades e 8 equipos na Categoría Posformativa.
As prazas outorgaranse por estrita orde de inscrición, tendo preferencia aqueles centros xa inscritos a través do Plan Proxecta, facendo unha listaxe de agarda cos centros non seleccionados
FASES:
A competición constará de fase clasificatoria -na ESO, Bacharelato e Universitaria- e fase final de eliminatoria directa. Os temas da fase clasificatoria e final publicaranse na páxina web da D.X. Xuventude http://xuventude.xunta.es
Os 8 equipos mellor clasificados en cada categoría debaterán sobre un novo tema na fase final de eliminatoria directa, composta por cuartos de final, semifinais e final.
En todos os debates, os dous equipos que se enfrontarán en cada encontro defenderán posturas opostas: un asumindo a postura A FAVOR e o outro a postura EN CONTRA, que se decidirá por sorteo minutos antes do comezo do debate.
DATAS E LUGARES: as datas exactas, así como o lugar de realización dos debates dialécticos serán publicadas na web https://xuventude.xunta.gal e notificadas por correo electrónico ao coordinador/a de cada equipo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible