Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Premios Nacionais de Fin de Carreira de Educación Universitaria finalización cursos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025
Estes premios teñen como obxectivo incentivar e recoñecer o rendemento académico e a excelencia entre os estudantes universitarios que concluísen os estudos en centros universitarios españois. Nesta convocatoria procédese a convocar as edicións de Premios Nacionais de Fin de Carreira correspondentes á finalización de estudos nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 06/08/2026
Requisitos:
Poderán ser candidatas a estes premios as persoas que concluísen os seus estudos conducentes a un título universitario oficial de Grao en centros españois xa sexa en facultades universitarias, escolas técnicas superiores ou escolas universitarias españolas, nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023 2023-2024,2024-2025, e que obtivesen no seu expediente académico, como mínimo, as seguintes notas medias por rama de coñecemento:
Titulacións da Rama de Artes e Humanidades: 9,00 puntos
Titulacións da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: 9,00 puntos.
Titulacións da Rama de Ciencias da Saúde: 9,00 puntos.
Titulacións da Rama de Ciencias: 9,00 puntos
Titulacións da Rama de Enxeñaría e Arquitectura: 8,00 puntos.
As candidaturas serán presentadas polas universidades españolas nas que se concluísen estudos conducentes a un título universitario oficial de Grao nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023 e 2023-2024, e 2024-2025.
Remuneración / Dotación:
O número máximo de premios a conceder, para cada un dos seis cursos académicos, será de 58, distribuídos por rama de coñecemento segundo indícase a continuación:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible