Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Instituto da Mocidade (INJUVE) convoca os Premios Nacionais de Mocidade para o ano 2026, cos que busca apoiar e recoñecer o labor daquelas persoas novas que se dedican a tentar cambiar o mundo. Estes premios queren visibilizar o esforzo e compromiso de mozos que, co seu traballo e dedicación persoal, están a marcar a diferenza en distintos ámbitos da nosa sociedade.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 16/07/2026
Requisitos:
Dirixidos a persoas novas de nacionalidade española, e a todos aqueles con residencia legal en España, que non superen a idade de 30 anos na data na que finalice o prazo para a presentación das candidaturas.
A solicitude debe ser presentada pola organización ou entidade que presenta a candidatura do novo proposto para o premio.
A convocatoria contempla seis categorías:
Compromiso social e dereitos humanos. Recoñecemento ao labor desenvolvido no ámbito social, dos dereitos humanos e o voluntariado.
Cultura. Recoñecemento á utilización de disciplinas artísticas para transmitir valores.
Medio Ambiente. Recoñecemento á realización de actuacións que fomenten o respecto ao medio ambiente.
Deporte. Recoñecemento a actuacións realizadas para que o deporte sexa un medio para adquirir e transmitir valores entre as persoas máis novas.
Investigación científica. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións que supoñan un avance en calquera disciplina do coñecemento científico e a súa aplicación na sociedade.
Economía social. Recoñecemento das iniciativas empresariais e económicas que primen ás persoas e ao fin social, promovan unha xestión democrática e participativa e favorezan o traballo digno, a equidade, a sustentabilidade ambiental e a cohesión social.
Consulta sobre o formulario da sede electrónica podes dirixirte ao correo electrónico: Sedeelectronica@injuve.es. Para consultas xerais sobre esta convocatoria pódese utilizar o formulario de contacto da web www.injuve.es ou o email: sgprogramas@injuve.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible