Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Os Premios Youtubeiras+ teñen como finalidade estimular a creación en galego en todas as redes sociais con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na rede. Trátase dunha iniciativa de dinamización lingüística da que na actualidade forman parte a Deputación da Coruña, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e varios concellos de Galicia.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 15/11/2026
ás 23:59 h.
Requisitos:
Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 16 anos que teñan canles autoproducidas nas redes sociais en activo e accesibles durante o certame. No caso de seren menores de idade, a inscrición irá acompañada da autorización da persoa titora legal.
As canles deben ter a maioría das publicacións en galego e cumprirán as seguintes condicións:
Contar como mínimo con tres publicacións subidas a partir do 16 de novembro de 2025.
Non ter restricións de privacidade.
Os títulos, as descricións e os subtítulos permanentes, de habelos, estarán en galego.
Non se poden presentar listas de reprodución.
Excluiranse aquelas candidaturas que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.
As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario da web https://youtubeiras.gal onde indicará o URL da(s) canle(s). Cada persoa creadora pode inscribir máis dunha canle.
Remuneración / Dotación:
Premios:
Premio Honorífico á traxectoria: sen dotación económica
Canle: 1250 €.
Creación de contidos: 1250 €
Podcast: 1000 €
Revelación: 1000 €
Calidade lingüística: 1000 €
Rede: 1000 €
Do público: 1000 €
Cada participante pode ser finalista en dúas categorías, aínda que non se lle outorgará máis que un único premio nunha soa categoría.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible