Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O programa Top Scientists é o concurso nacional da Fundación 3M, en colaboración con United Way España, co que se busca potenciar o talento e interese pola ciencia entre estudantes de 3º, 4º de ESO, 1º de Bacharelato e ciclos formativos de grao básico de España. Unha oportunidade de aprendizaxe única para que as novas xeracións convertan as súas ideas en realidade a través da ciencia, contribuíndo de forma positiva na sociedade.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 19/12/2025
Requisitos:
Poden participar no programa estudantes escolarizados en todo territorio español nos seguintes cursos:
- 3º e 4º de ESO
- 1º de Bacharelato
- Ciclos formativos de grao básico (FP básica)
Todas as candidaturas deben cumprir os seguintes criterios:
- Cada candidatura será presentada por unha parella de estudantes dos citados cursos que estean escolarizados no mesmo centro (non necesariamente da mesma clase nin do mesmo curso).
- Cada participante tan só poderá presentar unha única candidatura que deberá estar baseada nunha idea orixinal que solucione ou mellore a situación actual de persoas, comunidades ou do medio ambiente nalgunha das seguintes categorías:
Seguridade e Saúde
Mobilidade
Medio Ambiente
Consumo Enerxético
Social e Comunidades
- É imprescindible que a solución proposta sexa innovadora (que non exista na actualidade) e tampouco pode tratarse dun novo uso dalgún produto ou solución xa existente.
- O formulario da candidatura debe incluír o consentimento parental para menores de idade e a cesión de datos e imaxe. Tamén o link de Youtube ao vídeo curto de máximo 2 minutos de duración e o documento explicativo do proxecto.
Remuneración / Dotación:
Parella Gañadora: viaxe internacional con todos os gastos pagos para gozar dunha experiencia científica, cultural e de lecer única + apoio no desenvolvemento do proxecto científico gañador.
Docente e Centro Educativo Gañador: 10.000 € para investir no laboratorio de ciencias do centro.
En xaneiro de 2026 comunicaranse as cinco parellas finalistas quen participará na Fase Final de Top Scientists.
Ao longo dos meses de febreiro, marzo e abril de 2026 terá lugar a Fase Final coas cinco parellas gañadoras que consistirá en sesións en liña de mentorías con científicos de 3M para apoiar o desenvolvemento do proxecto, mesa redonda inspiracional con expertos/as de ciencia e tecnoloxía e presentacións do progreso de cada proxecto.
En abril de 2026 terá lugar a Gala Final en Madrid onde se comunicará a parella gañadora e farase entrega dos premios.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible