Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CSAG) e no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares, convoca o Concurso de Podcasts Radio na Biblio para o curso 2025/26 destinado a centros públicos non universitarios de titularidade pública.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 19/03/2026
Requisitos:
Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, das distintas tipoloxías, integrados ou non no programa Radio na biblio, que teñan unha emisora de radio escolar.
A temática centrarase na homenaxeada nas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, e poderá versar sobre:
Aspectos biográficos e literarios de Begoña Caamaño.
A revisión dos mitos clásicos na literatura galega contemporánea.
A relación entre literatura, xornalismo e compromiso social.
A presenza e o papel das mulleres na literatura galega e nas Letras Galegas
Establécense 8 modalidades de participación, segundo o nivel do ensino:
Alumnado de EI
Alumnado de 1º e 2º de EP
Alumnado de 3º e 4º de EP
Alumnado de 5º a 6º de EP
Alumnado de 1º e 2º de ESO
Alumnado de 3º e 4º de ESO
Alumnado de Bacharelato
Alumnado doutras ensinanzas
Cada centro educativo poderá presentar 1 podcast por modalidade ata un máximo de 3 podcasts por centro (no caso de traballos internivelares, presentarase a solicitude na modalidade á que pertenza a maioría do alumnado)
Os podcasts deberán presentarse en formato .mp3/.wav cunha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5 minutos:
- poden ser entrevista, cuña publicitaria, noticieiro, faladoiro, recital, debate, programa monográfico...
- todos os podcasts estarán realizados en lingua galega.
Remuneración / Custo:
Outorgarase 1 premio por modalidade de 1.250 € cada un.
O premio redundará en melloras no laboratorio/emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento do laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro.
Así mesmo, os centros premiados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible