Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Ámbito Cultural do Corte Inglés, coa colaboración da Piscifactoría Laboratorio de Creación, volven convocar este premio que leva a poesía desde as redes ao Museo Thyssen-Bornemisza. O concurso desenvólvese en dúas fases, unha 1ª fase de poemas escritos da que só os seleccionados pasarán a unha 2ª fase onde poderán subir os seus vídeos ás plataformas de Instagram e TikTok.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 21/04/2026
Requisitos:
Poderán participar todos os creadores residentes en España, nados ou non no devandito territorio, maiores de idade, en calquera das linguas oficiais.
Requisitos de participación na 1ª fase:
Poderase participar cun máximo de tres poemas escritos, de temática e forma estrófica libre, cun máximo de 100 versos en total. Non é imprescindible que sexan poemas inéditos.
Será necesario mandalos a través do formulario habilitado na web de www.ambitocultural.es.
Requisitos de participación na 2ª fase:
Só para autores/as seleccionados/as na 1ª fase.
Poderase participar cun máximo de tres 3 vídeos recitando poemas, con temática e forma estrófica libre. A obra debe ser propia, orixinal e ser lida polo seu autor, aínda que non é obrigatorio que este apareza, nin que sexan os mesmos poemas presentados en formato textual. Non é imprescindible que sexan poemas inéditos.
A duración do vídeo, tanto en Instagram como en TikTok, que será de 1 minuto como máximo, sen existir unha duración mínima. Servirá o uso de posts e de reels, pero non de stories. Non é obrigatorio subir o vídeo ás dúas redes nas que se desenvolve este premio: basta con subilo a unha delas. Utilizarase obrigatoriamente o hashtag #poesíaviva2026.
Remuneración / Custo:
Premio de 1.881 € (en homenaxe ao ano de nacemento de Juan Ramón Jiménez) e invitación a unha lectura do seu traballo poético xunto a un ou varios poetas de reconocidísimo prestixio e traxectoria no Museo Nacional Thyssen- Bornemisza o 9 de outubro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible