Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

VIII Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica

Ámbito Cultural do Corte Inglés, coa colaboración da Piscifactoría Laboratorio de Creación, volven convocar este premio que leva a poesía desde as redes ao Museo Thyssen-Bornemisza. O concurso desenvólvese en dúas fases, unha 1ª fase de poemas escritos da que só os seleccionados pasarán a unha 2ª fase onde poderán subir os seus vídeos ás plataformas de Instagram e TikTok.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 21/04/2026

Requisitos:

  • Poderán participar todos os creadores residentes en España, nados ou non no devandito territorio, maiores de idade, en calquera das linguas oficiais.
  • Requisitos de participación na 1ª fase:
    • Poderase participar cun máximo de tres poemas escritos, de temática e forma estrófica libre, cun máximo de 100 versos en total. Non é imprescindible que sexan poemas inéditos.
    • Será necesario mandalos a través do formulario habilitado na web de www.ambitocultural.es.
  • Requisitos de participación na 2ª fase:
    • Só para autores/as seleccionados/as na 1ª fase.
    • Poderase participar cun máximo de tres 3 vídeos recitando poemas, con temática e forma estrófica libre. A obra debe ser propia, orixinal e ser lida polo seu autor, aínda que non é obrigatorio que este apareza, nin que sexan os mesmos poemas presentados en formato textual. Non é imprescindible que sexan poemas inéditos.
    • A duración do vídeo, tanto en Instagram como en TikTok, que será de 1 minuto como máximo, sen existir unha duración mínima. Servirá o uso de posts e de reels, pero non de stories. Non é obrigatorio subir o vídeo ás dúas redes nas que se desenvolve este premio: basta con subilo a unha delas. Utilizarase obrigatoriamente o hashtag #poesíaviva2026.

Remuneración / Dotación:

Premio de 1.881 € (en homenaxe ao ano de nacemento de Juan Ramón Jiménez) e invitación a unha lectura do seu traballo poético xunto a un ou varios poetas de reconocidísimo prestixio e traxectoria no Museo Nacional Thyssen- Bornemisza o 9 de outubro de 2026.

Páxina web:

www.elcorteingles.es/ambitocultural

Contacto:

Ámbito Cultural do Corte Inglés

Praza do Callao, 2 (28013 - Madrid)

correo-e: ambitoculturalcallao@elcorteingles.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión