Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

VIII Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico

A Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico, convoca a VIII edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 23/04/2026

ata as 14.00 h.

Requisitos:

  • Poderá participar o alumnado escolarizado en centros educativos españois entre 1º da ESO a 2º de bacharelato.
  • Establécense 2 categorías de participación:
    • - categoría A, para o alumnado de 1º a 3º da ESO e FP básica
    • - categoría B, para o alumnado de 4º da ESO a 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao medio.
  • O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.
  • Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas.
  • As persoas participantes deberán entregar traballos individuais. Os textos poderán estar escritos en galego ou castelán. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de dúas obras que deberán ser orixinais e inéditas. 

Remuneración / Custo:

Establécense 3 premios por cada modalidade:

  • 1º premio: 300 € e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
  • 2º premio: 200 € e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
  • 3º premio: 100 € e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.

Páxina web:

www.udc.gal

Contacto:

Universidade da Coruña. Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte

Tel. : 881 014 748

correo-e: divulgacion.vdcd@udc.gal

Documentos:

bases completas .pdf (443 KB)

O concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión