Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
VIII Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico
A Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico, convoca a VIII edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 23/04/2026
ata as 14.00 h.
Requisitos:
Poderá participar o alumnado escolarizado en centros educativos españois entre 1º da ESO a 2º de bacharelato.
Establécense 2 categorías de participación:
- categoría A, para o alumnado de 1º a 3º da ESO e FP básica
- categoría B, para o alumnado de 4º da ESO a 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao medio.
O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto.
Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas.
As persoas participantes deberán entregar traballos individuais. Os textos poderán estar escritos en galego ou castelán. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de dúas obras que deberán ser orixinais e inéditas.
Remuneración / Dotación:
Establécense 3 premios por cada modalidade:
1º premio: 300 € e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
2º premio: 200 € e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
3º premio: 100 € e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
O concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude, vítima en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible