Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XX Premio de Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/07/2026

Requisitos:

  • A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega
  • As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 120.000 caracteres con espazos incluídos nin superior a 270.000 caracteres con espazos incluídos. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.
  • Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal e unha sétima copia en pendrive no que se incluirá a obra en formato PDF. Enviaranse, facendo constar no sobre Premio Narrativa Breve Repsol, á seguinte dirección: Complexo industrial Repsol A Coruña - Edificio de Oficinas - Departamento de Comunicación - Bens s/n 15008 A Coruña.

Remuneración / Dotación:

Premio único: 15.000€

Páxina web:

https://acoruna.repsol.es/

Contacto:

Complexo industrial Repsol A Coruña

Apartado de correos 700. 15008 - A Coruña

Tel: 981 181 400

Documentos:

Bases Premio Narrativa Breve Fundación Repsol (pdf) (197 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión