Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Carballo convoca o XXVIII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís co obxectivo de contribuír á creación artística e a fomentar a divulgación da fotografía.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 09/04/2026
Requisitos:
Poderán optar ao Certame todas as persoas físicas maiores de idade que o soliciten.
Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras.
As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
Os traballos fotográficos que se presenten deberán ser orixinais e recentes. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo. Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
Cada fotografía irá acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.
Remuneración / Dotación:
1º premio: 1.500 €
2º premio: 750
Premio Especial "Carballo" á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio: 500 €
O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible