24 resultados

Ata o 15/09/2026
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos, co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade creativa das e dos nosos escritoras e escritores, promover o talento e o potencial literario e incentivar a creación dramática en lingua galega, convoca o II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra como homenaxe ao escritor e dramaturgo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 75 aniversario da súa morte.

Ata o 18/10/2026
O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convocan, en colaboración coa Xunta de Galicia e Culturalia GZ, o IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a sua conservación e, ao mesmo tempo, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.

Ata o 30/11/2026
O Concelllo de Lalín convoca o XXXIII Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico "Álvaro Cunqueiro", organizado en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, entidades gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia, que ten como obxectivo difundir a gastronomía galega e recoñecer o traballo de xornalistas, escritores e estudantes.

Ata o 23/03/2027
O Concelo de Ribeira convoca unha nova edición do Concurso Internacional de novela curta “Cidade Centenaria de Ribeira”.

Ata o 19/10/2026
ás 15.00 h
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca o Concurso Nacional "Unha Constitución para todos" correspondente ao ano 2026, co obxectivo de estimular e promover no alumnado a reflexión sobre o valor, a importancia e o papel que xoga na vida cotiá a nosa Constitución.

Ata o 13/10/2026
O Concello de Nava a través da súa Concellería de Cultura e co obxecto de alentar, promover e apoiar a creación literaria, convoca o VII Premio de NOVELA CURTA DE TERROR E HISTORIAS FANTÁSTICAS: “Casa de Cultura Marta Portal”.

Ata o 10/09/2026
Afundación Obra Social Abanca convocou unha nova edición do Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba. Este premio ten como obxectivo promover a excelencia xornalística a través do recoñecemento de artigos literarios e de opinión.

Ata o 02/10/2026
A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, dependente da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, convoca un concurso coa finalidade de darlle difusión, publicidade e visibilidade ao protocolo ante situacións de acoso da UDC a través do deseño dun cartel, vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema.

Ata o 15/09/2026
O Parlamento de Cantabria convoca o concurso de relato curto "Sen Barreiras", unha iniciativa enmarcada na programación "Mulleres sen límites, sen barreiras", destinada a visibilizar a contribución das mulleres á sociedade e a fomentar a reflexión sobre a igualdade entre mulleres e homes a través da creación literaria.

Ata o 26/10/2026
O Centro Europe Direct Cáceres, presentou unha nova edición dos seus concursos de relato breve, fotografía e cómic, que este ano se desenvolverán baixo o lema "España: 40 anos en Europa".
resultados 24
Dende o 19/09/2026 ata o 26/09/2026
08/09/2026
Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026
na EASD Pablo Picasso.
07/09/2026
os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible